A Xanela

Información

Para poder formar parte do portal dixital da Xanela e aparecer incluído no mesmo, as persoas interesadas deberán poñerse en contacto previamente coa organización a través do teléfono 986570030 ou do correo electrónico cultura@aestrada.gal.

A través deste contacto facilitaráselles toda a información necesaria sobre o procedemento de inscrición, así como os requisitos e a documentación que, no seu caso, sexa necesario achegar. Unha vez recibido o contacto, iniciarase o proceso correspondente para valorar a inclusión no portal.

O obxectivo deste proceso é incorporar ás persoas interesadas ao Rexistro de Artistas Estadenses, co fin de visibilizar e poñer en valor o traballo creativo dos artistas vinculados co municipio. A inscrición no devandito rexistro permitirá que a información dos artistas poida ser incluída no portal dixital da Xanela, contribuíndo así á difusión da súa actividade artística e cultural.

Scroll al inicio